Marcador

domingo, 27 de mayo de 2012

Aberto o prazo de inscrición para o I CAMPUS DE VERAN BVP

Como xa viñamos anunciando fai unhas semanas, estabamos preparando o I Campus de Voleipraia e comunicámosvos que o prazo de inscrición está aberto dende hoxe e ata o venres 22 de Xuño, para tódolos rapaces e rapazas que se desexan inscribir e teñan entre 12 e 20 anos.


Para facelo preme neste enlace, onde encontrarás a ficha de inscrición, que teras que completar cos teus datos persoais e, no caso de ser menor de idade, terás que traer cuberta por parte dos teus pais/titores unha autorización.

Toda a información relativa ó Campus poderala encontrar no dossier informativo, e recorda, as prazas son limitadas.


Non deixes escapar esta oportunidade de aprender e de estar preto da xente que sabe de voleipraia, ademais de pasar unha semana divertida e enriquecedora

No hay comentarios:

Publicar un comentario