Marcador

martes, 24 de julio de 2012

I proba do XII Circuito Barbanza Volei Praia

Comeza o circuíto este ano coa primeira proba en Riveira. Este Campionato será puntuable para o ránking galego e o nacional.

O sábado xogarase a previa, de onde sairán 8 equipos masculinos e 8 equipos femininos para enfrentarse ós  8 cabezas de serie que entrarán o domingo.
No caso dos homes, debido á alta afluencia de parellas, xogarase unha previa da previa, de onde sairán 8 equipos para xogar en grupos de 4 contra os cabezas de serie do 9 ó 16 o sábado, e dos que sairán os 8 necesarios para o domingo.
As mulleres xogarán en principio como sempre, entre as que se presenten o sábado xogaranse grupos e de ahí sairán 8 parellas que se enfrentarán ás cabezas de serie do domingo.
 O prazo de inscrición para todo o circuito finaliza o día 26 de xullo e para cada proba o XOVES anterior á mesma, e deberase comunicar nos  tlfnos 629-824957 (Andrés) ou 671-191018 (Sandra), ou no correo do circuito circuitobarbanzavoleyplaya@hotmail.com.


Para máis información http://www.circuitobarbanzavoleyplaya.blogspot.com.es/

No hay comentarios:

Publicar un comentario