Marcador

martes, 24 de julio de 2012

Resultado I Campionato de España de Clubes (sub17 masculino) en Murcia

Como xa viñamos anunciando, 6 dos nosos participaron acadando unhas excelentes 7ª e 15ª posicións.



Fran, Ismael e Xian comezaban o Venres cedendo o partido ante o equipo de Cieza, por 2-1. Posteriormente enfrentáronse ante o equipo murciano da UCAM, onde acadaban victoria por 0-2.
O sábado enfrentáronse contra o equipo de Castilla y León, onde acadaron victoria por 2-1 e máis tarde gañaban tamñen ó equipo valenciano por 2-1. O partido da tarde, o que supoñía pasar ó domingo (pois ían polo cadro de perdedores), finalmente acabou en derrota ante o equipo Andaluz por 0-2, o que supuxo que quedaran en 7ª posición no torneo

Naji, Lois e Rubén comezaban a mañán do Venres enfrentándose ante o equipo murciano UCAM , cedendo o partido por 0-2, e xa pola tarde gañaban o encontro ante outro equipo da comunidade organizadora, o AD Eliocroca por 2-0. O Sábado comezaron o día cedendo o partido ante o IMD Laredo de Cantabria por 2-0, o que os excluía da competición polos primeiros postos (xa que ían polo cadro de perdedores), pero a competición aínda non terminara para eles, xa que xogaron dous partidos máis pola tarde, o primeiro deles contra o mesmo equipo ante o que cederan pola mañá, o UCAM, no que os nosos gañaron por 0-2, e xa o último partido cedían ante o Castilla y León por 2-1, acadando a 15ª posición no torneo.

En definitiva un bo papel dos nosos no Campionato de España, onde de seguro que adquiriron unha moi boa experiencia

NORABOA RAPACES

No hay comentarios:

Publicar un comentario