Marcador

viernes, 17 de mayo de 2013

Prazo de inscripción aberto para o II Campus Barraña Volei Praia

Xa comezamos oficialmente a tempada 2013 de praia e con ela comezamos a dar a coñecer as primeiras actividades que levaremos a cabo.


Para comezar, a última semana de Xuño (do 24 ó 29) celebraráse o II Campus Barraña Volei Praia, na praia de Barraña en Boiro. A actividade está dirixida para rapaces e rapazas de entre 12 e 20 anos, que desexen pasar unha semana de volei praia con adestramentos, partidos e diversión.

Este ano, ademáis, contaremos coa presenza de campións galegos como Germán Romero e Agustín Mourís, coa presenza do seleccionador autonómico Eloy Mahía e finalmente co subcampión olímpico en Atenas 2004 Javier Bosma.

O método para inscribirse é o de premer neste link, descargar as dúas follas que se adxuntan e cubrilas. Unha vez feito isto é necesario que nos remitades unha copia, xunto con outra copia do resgardo do ingreso na conta do clube, á dirección de correo do clube (barranavp@gmail.com) ou ben persoalmente a algún dos responsables. Tedes máis información neste documento.

Se che interesa, xa sabes, non deixes escapar esta oportunidade única. Xogarás, aprenderás e sobre todo divertiraste con nós.

1 comentario: