Marcador

lunes, 29 de julio de 2013

Campionato Infantil Masculino de Volei Praia

O pasado fin de semana celebrouse na praia do Ézaro, en Dumbría o Campionato de España Infantil de Volei Praia ó que acudiron diversos equipos don oso clube. Así pois os máis destacados dos nosos e nosas xogadores foron quenes de acadar unha 3ª e 8ª posición respectivamente. 
O equipo masculino formado por Rubén, Pablo, Daniel e Darío foron quen de derrotar ó equipo Valenciano de Xativa, demostrando que teñen un gran potencial e que darán de que falar nos vindeiros anos.
O equipo das rapazas, formado por Lea, Enma Paula e Irea acadaron un moi bo 8º posto.
Non sen menos mérito remataron o torneo os outros dous equipos cos que participou o noso clube, o outro equipo masculino, formado por Gabriel, Alex, Jorge e Chistopher,  rematou nun moi meritorio 5º posto mentras que o segundo equipo feminino, formado por Laura, Lía, Ada, Marta e Caliope, rematou nun 17º posto, cousa que demostra que os técnicos do noso clube están facendo un bo traballo. 




Noraboa a todos

1 comentario: