Marcador

viernes, 15 de junio de 2012

Primeira proba do circuito galego de categorías inferiores

Arranca a tempada de praia na praia do Ézaro, en Dumbría. Rapaces e rapazas de toda Galicia competirán por un posto no ránking galego.




Comeza así un fin de semana onde se darán 8 competicións distintas, sub15, sub17, sub19 e sub21 nas categorías masculina e feminina.

Teremos pois os nosos primeiros representantes en nome do clube o Sábado, nas categorías sub17 e sub21 e o Domingo será o turno dos xogadores sub15 e sub19.

Recordamos que este ano e tal como se pode ler na páxina da fgvb, a os equipos en categoría sub15 terán que estar constituídos por 4 ou 5 xogadores (3 no campo), así como os equipos sub17, que terán que estar formados por 3 ou 4 xogadores (2 no campo).

Os equipos das categorías sub19 e sub21 estarán constituídos, como é costume, por 2 xogadores.



Avisamos que o bus que levará ós xogadores de Boiro sairá ás 8 da mañá dende a marquesiña da Cachada. Pedimos puntualidade a todos aqueles que vaian facer uso do mesmo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario