Marcador

lunes, 18 de junio de 2012

Resultados do 1º Campionato Galego de Categorías Inferiores en Ézaro


Fin de Semana pasado por sol e chuvia na praia do Ézaro.


O Sábado, representantes de toda Galicia presentáronse nas categorías sub21 e sub17 na praia onde disputaron cadansúas competicións. No que nos toca, o Barraña Voleipraia, que paritcipou con numerosos equipos en todas as competicións, acadou moi boas posicións no día, obtendo 4 podios. No sub17 masculino, o trío formado por Naji, Lois e Alex acadaban unha excelente 3ª posición e Fran, Ismael e Xian  acadaron o 2º posto. No tocante á categoría sub17 feminina, o trío formado por Sheila, Ana e Sara acadaban a primeira posicíon. En canto ó sub21 masculino, a parella formada por Diego e Antón cederon na final, acadando o 2º posto da proba.
O Domingo, ó igual que o día anterior, o noso clube presentou equipos en todas as categorías que competían (sub15 e sub19) e acadou 2 podios. No sub15 masculino, o equipo formado por Rubén, Darío, Pablo e Sergio acadaron o 3º posto e no sub19 masculino, a parella formada por Xian e Abel quedaban 4ºs cando Dani Sieira e Dani Vázquez vencían no partido polo 3º e 4º posto.

En resumen, un bo papel dos Barrañentos na proba ,o Sábado cun día soleado no que máis de un chegou á casa coa camiseta posta, e pola contra o Domingo, con chuvia e con moita chuvia dende a primeira hora da mañá ata as horas intermedias da tarde nas que o sol fixo acto de presencia e fixo os úlitmos partidos do día máis agradables tanto para os xogadores como para o público que acudiu a animar.

Aqui está o ranking por clubes, no que figuramos primeiros en categoría masculina e segundos na feminina


Noraboa rapaces e a seguir mellorando

No hay comentarios:

Publicar un comentario