Marcador

martes, 31 de julio de 2012

Fin da primeira proba do Circuito Barbanza Volei Praia

Este fin de semana celebrouse na praia de Coroso, en Riveira, a primeira proba do Circuíto Barbanza Volei Praia, puntuable para o RNVP e para o ránking galego.
O Barraña Voleipraia que participou con numerosos equipos, acadou moi bos resultados tanto na categoría masculina como na feminina.

No apartado masculino, posición máis destacable foi a da parella formada por Chicho e Germán, cunha 4ª posición, e no apartado feminino, Rebe e María abrían a súa tempada de paria xuntas cunha 1ª posición, vencendo na final ás viguesas Mary e Pachi.

Este fin de semana o circuíto desprázase a Ézaro, para as inscricións, como de costume, haberá que chamar a Andrés ou a Sandra, ou poñerse en contacto no correo do circuito.

No hay comentarios:

Publicar un comentario