Marcador

martes, 14 de agosto de 2012

Seguimos con bos resultados nos campionatos

O pasado fin de semana celebrouse na praia de Barraña, en Boiro, a proba do circuito Barbanza, puntuable para o galego e para o RNVP con moi bos resultados para os locais nas dúas categorías.

Adrián Alves e Germán Romero, na categoría masculina, acadaron un terceiro posto despois de ceder a semifinal ante os gañadores da proba, Victor e Pablo, e facéndose coa victoria no partido polo 3º/4º posto ante Cristóbal e Diego.

Na categoría feminina, as xogadoras do Barraña Volei Praia, Rebeca González e María Triñanes, volveron ser segundas, nunha moi axustada final ante as lucenses Majo e Nuria.

Este fin de semana o circuíto desprázase a Cabío, na Pobra do Caramiñal, onde se disputará a última proba deste ano 2012 e que ademáis, como todos os anos, será unha proba nocturna, onde os cabezas de serie que habitualmente xogan o domingo comezarán o sábado pola noite

No hay comentarios:

Publicar un comentario