Marcador

jueves, 8 de noviembre de 2012

Axudade ó noso proxecto. II Campus Barraña Volei Praia

O verán pasado, o Barraña Volei Praia deu, por primeira vez en Galicia, un Campus de Volei Praia íntegro, de unha semana de duración para rapaces a rapazas de entre 12 e 20 anos. 

O éxito desta iniciativa foi evidente, xa que acudiron rapaces de toda Galicia a convivir, aprender e pasalo ben durante unha semana, na que acudiron importantes figuras da nosa comunidade como Luci Paz, Cristóbal Álvarez ou Germán Romero, e outras recoñecidas a nivel nacional, como o seleccionador nacional do equipo masculino sub15 de voleipraia, Juanjo Susín, que gañou o mundial o ano pasado.

Este ano, queremos repetir, e se pode ser con moito máis éxito ca o anterior. Para iso, precisamos da túa axuda.
 
Que tes que facer?
A resposta é moi sinxela, simplemente entra nesta páxina, busca pola iniciativa (na parte dereita da páxina, busca actividade por categoría "Deporte" e por provincia "La Coruña" e unha vez lle das a buscar, vota pola actividade). Axúdanos a levar a cabo a nosa idea.

Se queres máis información visita este link

No hay comentarios:

Publicar un comentario