Por fin podemos anunciar que somos oficialmente un clube.
Os integrantes deste novo clube de voleipraia estamos felices por este novo proxecto que sacamos adiante entre todos. O noso obxectivo é claro, fomentar o voleipraia e intentalo levar o mellor posible xa que cada ano gaña máis e máis xogadores de tódalas categorías.
Para iso temos constituída unha xunta directiva na cal se debatirán ,votarán e planificarán todas as actividades que se vaian a facer dende o clube.
Tamen é importante saber que este blogue ten un propósito informativo, aquí aparecerán as novas, anuncios... Pero a parte máis activa, onde poderedes opinar, votar en enquisas, crear novos post coas vosas ideas, comentarios, propostas etc será nun foro. Por iso, se eres un xogador asiduo ó volei praia ou queres comezar a practicalo, invitámosche a que pases por dito foro. Para iso, visitade este enlace ou facede un click no enlace lateral e rexistrádevos.
Estes rexistros van ser de moita axuda xa que asi imos poder ir planificando os adestramentos por categorías para o verán.
Perdoade pola sinxeleza da páxina, pouco a pouco comezarán a aparecer cousas novas.
Se tedes calquera dúbida preguntádea sen problema.
Allá vamos!!! =)
ResponderEliminarPara diante.
ResponderEliminarBueno e que! :))
ResponderEliminar