Como xa viñamos anunciando fai unhas semanas, estabamos preparando o I Campus de Voleipraia e comunicámosvos que o prazo de inscrición está aberto dende hoxe e
ata o venres 22 de Xuño, para tódolos rapaces e rapazas que se desexan inscribir e teñan entre 12 e 20 anos.
Para facelo preme neste
enlace, onde encontrarás a ficha de inscrición, que teras que completar cos teus datos persoais e, no caso de ser menor de idade, terás que traer cuberta por parte dos teus pais/titores unha autorización.
Toda a información relativa ó Campus poderala encontrar no
dossier informativo, e recorda,
as prazas son limitadas.
Non deixes escapar esta oportunidade de aprender e de estar preto da xente que sabe de voleipraia, ademais de pasar unha semana divertida e enriquecedora
No hay comentarios:
Publicar un comentario