Chema Sánchez, coa dupla olímpica Herrera-Gavira |
Nesta edición, a dinámica será moi similar á de anos anteriores. Xornadas de mañá e tarde, dirixidas polos adestradores do Barraña Volei Praia e coa colaboración dun invitado de luxo: Chema Sánchez, referente do volei praia nacional e, de seguro, unha das persoas máis involucradas neste noso deporte. O fundador do CVP Net 7 Gran Canaria, promotor do Beach Volley Around The World (BVAW) , "speaker" en gran cantidade de competicións de volei praia e graduado en Ciencias da Educación Física pola ULPGC elevará o nivel do noso Campus, aportando experiencia e coñecementos os cinco días da semana. Unha xoia!
Como xa é habitual, o aloxamento correrá conta da Pensión Os Trillizos, lugar de descanso dos participantes que así o desexen e que en todo momento estarán acompañados por monitores e voluntarios do Barraña Volei Praia.
Así que... se tes entre 10 e 21 anos, non o dubides! Comeza con nós este verán 2016 cargado do mellor volei praia! Agardámoste!
Descarga aquí a ficha de inscrición para o Campus.