Marcador

viernes, 9 de agosto de 2013

Campionato de España cadete masculino e Proba do Circuito Barbanza en Barraña

Este fin de semana estase celebrando na praia de Barraña o Campionato de España Cadete Masculino de Voleipraia de clubes, con 3 equipos galegos (pertencentes a Boiro, Dumbría e Bruxas). A nosa representación corre a cargo de Ismael, Lois e Félix que terán que competir con duros rivais do resto da península.

Por outra parte, despois do I Open do Miramar, pertencente ó Circuíto Barbanza Volei Praia, chega a proba de tódolos anos, a de Boiro. Diversas parellas galegas (e neste caso de fora da nosa comunidade) competirán este fin de semana na praia de Barraña.

Sorte a todos

No hay comentarios:

Publicar un comentario