Xa comezamos oficialmente a tempada 2014 de praia e con ela damos anunciamos o III Campus de Verán Barraña Volei Praia.
Este ano, ademáis, contaremos coa presenza de do subcampión olímpico en Atenas 2004 Javier Bosma que repite participación neste Campus despois do éxito do ano pasado, e con Manolo Berenguel campeón de España de volei praia en 5 ocasións, 3 veces elexido mellor xogador nacional e ex-xogador da selección de España de voleipraia en diversos campionatos a nivel mundial.
Javier Bosma dará as súas master class Luns e Martes e Manolo Berenguel estará de Martes a Sábado.
O método para inscribirse é o de premer neste link, descargar as dúas follas que se adxuntan e cubrilas. Unha vez feito isto é necesario que nos remitades unha copia, xunto con outra copia do resgardo do ingreso na conta do clube, á dirección de correo do clube (barranavp@gmail.com) ou ben persoalmente a algún dos responsables. Tedes máis información neste documento.
Se che interesa, xa sabes, non deixes escapar esta oportunidade única. Xogarás, aprenderás e sobre todo divertiraste con nós.

No hay comentarios:
Publicar un comentario